CRTVG

Buscar

Marqués de Vizhoja: primeira adega de España con selo "confianza online"

Publicado o 21/08/2021 21:19

A pandemia está detrás deste selo de confianza online. O confinamento desbordou as vendas a través da web e dende esta adega de Arbo decidiron traballar nun proceso de compra seguro e transparente.

Confianza para os usuarios da rede que vén promovida por unha asociación sen ánimo de lucro que durante meses analizou e melloras desta web mediante unha sería de medidas que avaliou un grupo de expertos.

E as webs que cumpren con este código ético reciben este selo, o primeiro outorgado a unha adega en España. Un elemento distintivo para fomentar as boas prácticas na rede con este certificado de calidade.

Marques de Vizhoja incrementa así o seu compromiso cos seus clientes ás portas dunha nova vendima que comezará para eles este seis de setembro e promete un 15% maís de produción para este ano.

Noticias web

21/08/2021