CRTVG

Buscar

Maroto (PP) pide que Sánchez compareza no Congreso pola crise de Afganistán e a suba do recibo da luz

Publicado o 28/08/2021 13:10

A Pedro Sánchez dirixiuse este sábado o voceiro do PP no Senado, Javier Maroto, co tema de Afganistán como referente. Preguntoulle por que non vai ao Congreso para dar explicacións sobre esta crise e se teme tamén que lle pidan contas polo recibo da luz:

"Señor Sánchez, non cre vostede que despois de 102 españois falecidos en Afganistán e máis de 3.500 millóns de euros gastados alí España e o Congreso dos Deputados non se merecen algo máis ca unha das súas simples fotos? Por que non acode ao Congreso? É que ten medo de que alguén le pregunte tamén por cuestións como o prezo da luz, que segue disparado?"

Noticias web

28/08/2021