Maroto: "O pasaporte de vacinación permitirá maior apertura este verán"

A ministra de Industria Reyes Maroto mostrou este martes a súa confianza en que o certificado dixital da UE, tamén coñecido como pasaporte de vacinación, que espera que estea listo en xullo, permita a España unha maior apertura este verán.
Nunha entrevista en RNE, Maroto indicou que o pasaporte dixital axudará a estarmos "máis seguros", xa que vai facilitar a mobilidade dos que estean vacinados, dado que vacinarse non é obrigatorio. "Confiamos moito na dispoñibilidade dese instrumento", sinalou.
A ministra de Turismo explicou que se analizou a reputación de España como destino turístico despois da pandemia. Da análise despréndese que "os viaxeiros queren vir a España, porque a pandemia non deteriorou a nosa marca", sinalou.
No verán haberá xa unha porcentaxe de vacinacións elevada, ao que haberá que sumar este pasaporte, unha ferramenta que espera que en xullo estea dispoñible. Quizais "non será o verán que todos queremos", dixo Maroto. "Estamos a prepararnos para recibir os turistas co inicio das viaxes de forma gradual", subliñou.