CRTVG

Buscar

Alcoa advirte da situación comprometida de San Cibrao polo prezo da enerxía

Publicado o 08/10/2019 20:17

O custo de electricidade desta planta, lembra o presidente de Alcoa España, é ata un 60% máis caro que o que pagan os seus competidores da zona euro, o que a pon nunha situación delicada que non solucionará so, di, un estatuto para as empresas electrointensivas.

"Isto pon a planta nunha situación comprometida. Non quixera alarmar, pero si constatar publicamente a urxencia coa que requirimos medidas adicionais".

A ministra di que están analizando outras medidas e que cando haxa goberno aprobarán o estatuto do consumidor electrointensivo paralizado, argumenta, polo bloqueo político.

"Polas eleccións de abril e a dificultade para formar goberno lamentablemente non puidemos aprobar o estatuto".

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno que faga público o contido dese estatuto para darlles unha mensaxe de tranquilidade aos traballadores.

"Galicia, este goberno e os traballadores non están en funcións. Sexa cal sexa o resultado electoral a posición da Xunta vai ser a mesma. O que non vai cambiar é que necesitamos un prezo da enerxía competitivo".

Tras visitar a fábrica, Reyes Maroto e Alberto Núñez Feijóo reuníronse co comité de empresa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí