CRTVG

Buscar

Maroto asegura que as Canarias están preto de recuperar o turismo británico

Publicado o 18/05/2021 19:44

Bruxelas podería levantar as restricións ás viaxes non esenciais de países de fóra da Unión esta mesma semana o que permitiría a entrada en España de turistas británicos, que son o noso principal mercado. Anunciouno a ministra de Turismo na clausura do Foro Hotusa Explora.

"Estamos solicitando, ademais, ao Goberno británico que considere a territorialización do sistema de semáforos tendo en conta a diferente situación epidemiolóxica que temos nestes momentos nas distintas comunidades autónomas".

 

 

Noticias web

18/05/2021