CRTVG

Buscar

Maroto asegura que aprobará o Estatuto das electrointensivas tan pronto se forme Goberno

Publicado o 26/06/2019 20:22

Os sindicatos de Alcoa seguen en Madrid negociando as condicións da venda das fábricas da Coruña e de Avilés ao fondo suízo Parter Capital.

A direccion de Alcoa pídelles aos traballadores que ratifiquen xa o acordo de venda, pero os comités de empresa manteñen que non teñen por que facelo, e que en todo caso non van asinar nada sen conseguir o compromiso do Goberno para rebaixar o prezo da enerxía. A ministra de Industria en funcións asegurou hoxe que o estatuto das electrointensivas xa está preparado.

Reyes Maroto, ministra de Industria en funcións: "Estamos en condicións de poder levalo ao Consello de Ministros cando se configure o Goberno, e darlle á industria esa estabilidade que precisa".









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019