CRTVG

Buscar

Maroto asegura que a oferta de Parter Capital polas plantas de Alcoa "cumpre co esixido"

Publicado o 19/06/2019 22:02
Maroto asegura que a oferta de Parter Capital polas plantas de Alcoa "cumpre co esixido"

A ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto, asegurou que a oferta presentada polo fondo suízo Parter Capital polas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés "cumpre cos requisitos que se lle esixía". Nunha intervención ante os medios no marco da presentación do monográfico sobre o vehículo eléctrico da revista Economía Industrial, Maroto destacou que o Ministerio analizou todos os proxectos presentados e que, finalmente, foi o de Parter o que contou co visto e prace de Alcoa.

Con todo, lembrou que este xoves, na reunión de seguimento de todos os axentes involucrados no proceso, o comité de empresa pode decidir non apoiar a oferta de Parter e, pola contra, podería querer seguir adiante co plan de prexubilacións e recolocacións exposto por Alcoa.

"Chegamos onde queriamos chegar, todos deberiamos estar satisfeitos de que hoxe teñamos un preacordo e se cumpra a folla de rura ao que nos comprometemos, que era garantir un investidor", explicou a ministra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019