CRTVG

Buscar

Maroto advirte de que os efectos das medidas para abaratar a luz tardarán en verse

Publicado o 14/06/2021 17:24
Maroto advirte de que os efectos das medidas para abaratar a luz tardarán en verse

A ministra de Industria asegura que imos tardar en ver os efectos das medidas do Goberno para abaratar a luz. Reyes Maroto pediulles paciencia aos consumidores xa que, segundo dixo, a reforma que preparan é moito máis profunda que a regulación horaria das tarifas. Explicou que o executivo esta traballando sobre varias normas e que o seu impacto sobre a factura irase notando a medida que se incorporen.

Noticias web

14/06/2021