CRTVG

Buscar

Maroto advirte de que as ofertas sobre Alcoa deberán garantir a continuidade a longo prazo

Publicado o 06/02/2019 22:26

A ministra de Industria xustifica que o Goberno lle concedeu axudas a Alcoa cando xa anunciara o peche para facilitar a busca dun comprador. Sobre a posibilidade de que as factorías da Coruña e Avilés sexan adquiridas por un fondo de investimento, Reyes Maroto aclara que será unha comisión técnica a que valore as ofertas e que terán que garantir a continuidade da compañia a medio e longo prazo.

"O que eu dixen é que recibimos ofertas tanto de empresarios nacionais como de fondos de investimento e que valorariamos todas as ofertas sempre que a oferta teña un plan de investimento viable para a empresa que garanta a súa continuidade a medio e longo prazo porque, xa dixen pan para hoxe e fame para mañá e, polo tanto, o que temos que garantir é que o investidor veña para quedar", asegura Reyes Maroto, ministra de Industria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019