CRTVG

Buscar

Comeza a remodelación dos ministerios con cambios na cúpula de Interior e de Defensa

Publicado o 15/01/2020 09:41

Comeza a renovación dos cargos nos ministerios de Defensa e Interior. Grande-Marlaska remodela a cúpula do seu departamento. Prescinde da secretaria de Estado de Seguridade, Ana Botella, e do director xeral da Garda Civil, Félix Azón. Polo de agora, mantense o mesmo responsable da Policía Nacional, Francisco Pardo.

Tamén hai cambios na cúpula militar, cun novo xefe do Estado Maior do Exército. Trátase do xeneral do Aire Miguel Ángel Villaroya, ata o de agora director do gabinete técnico da ministra de Defensa, un cargo en que estaba dende que era María Dolores de Cospedal a responsable do departamento. Margarita Robles cesa así como XEMAD o xeneral do Exército de Terra Fernando Alejandre, e que estaba, no momento do cesamento, nunha reunión do comité militar da OTAN en Bruxelas.

Noticias web

15/01/2020