CRTVG

Buscar

Marlaska reclama avances en políticas europeas de asilo ante a crise en Afganistán

Publicado o 31/08/2021 14:55
Marlaska reclama avances en políticas europeas de asilo ante a crise en Afganistán

A situación en Afganistán centra unha xuntanza dos ministros europeos do Interior en Bruxelas. Un encontro en que Fernando Grande-Marlaska avogou por un pacto europeo de asilo e migración, en que os representantes dos 27 estados tentan consensuar medidas que eviten unha posible crise migratoria.

No centro do debate, a acollida de refuxiados, un asunto que xera divisións. O obxectivo é incrementar as axudas a países da zona, como Irán ou Paquistán, para que os acollan.

Noticias web

31/08/2021