CRTVG

Buscar

Marlaska: "Os traslados de presos da ETA cumpren a lei penitenciaria"

Publicado o 05/07/2021 16:22

O ministro do Interior nega que haxa un achegamento dos presos da ETA ao País Vasco. Fernando Grande-Marlaska asegura que son traslados individuais que cumpren coa lei penitenciaria. "Despois de máis de dez anos dende que a organización terrorista ETA fora derrotada, evidentemente, as políticas son doutra índole. Estamos falando, nun estado de dereito, de aplicación da lei xeral penitenciaria, non se fixo outra cousa", dixo o ministro do Interior.

Noticias web

05/07/2021