CRTVG

Buscar

Marlaska: "O Goberno dará a axuda precisa para que os afectados pasen páxína canto antes"

Publicado o 13/09/2019 21:44

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, asegurou que non se regatearán esforzos nin recursos para que as persoas afectadas pola gota fría poidan pasar páxina o antes posible. Grande-Marlaska desprazouse ata a localidade alacantina de Orihuela e comprobou, canda o presidente da Comunidade Valenciana, os cuantiosos danos que provocaron as chuvias. Gabou o labor dos equipos de emerxencia que levan traballando desde onte, e tamén dos voluntarios. O Goberno, dixo, porá a súa parte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019