CRTVG

Buscar

Marlaska destitúe o xefe da Garda Civil en Madrid por perda de confianza

Publicado o 25/05/2020 16:12

O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, destituíu ao xefe da Garda Civil en Madrid, Diego Pérez de los Cobos, por perda de confianza.

O seu cesamento prodúcese despois de que transcenderan os informes que a Garda Civil lle enviou ao xuíz que investiga que se autorizara a manifestación do 8-M cando xa había contaxios. Diego Pérez de los Cobos ten un longo historial na loita contra a ETA. Tamén encabezou os operativos da Garda Civil durante a crise polo referendo ilegal en Cataluña.

Noticias web

25/05/2020