CRTVG

Buscar

Mariscos, carnes e pescados seguen a ser os produtos estrela para os menús de Noitevella

Publicado o 30/12/2020 14:36

Un día antes de Noitevella, as prazas énchense de xente facendo as compras dos produtos que completarán as mesas na última cea do ano. Unhas ceas moi diferentes ás que estabamos acostumados, pero nas que, de novo, mariscos e carnes son os produtos estrela.

Nos menús de fin de ano óptase pola variedade no xénero, pero con elaboracións tradicionais. Para os que acostumaban cear fóra o día 31, son moitos os restaurantes que están a preparar menús variados con comida para levar.

Será un final de ano moi distinto, pero as tradicións mantéñense nos fogares galegos.

Noticias web

30/12/2020