CRTVG

Buscar

Mariscadores esixen ante a Delegación do Goberno que se licite xa a dragaxe da ría do Burgo

Publicado o 18/09/2020 16:19

Mariscadores da ría do Burgo, na Coruña, volvéronse concentrar hoxe para esixir unha vez máis que se poña en marcha canto antes a dragaxe da ría. Acudiron á Delegación do Goberno en Galicia para demandar a licitación dunhas obras que levan unha morea de tempo paralizadas e consideran urxentes. Lembraron que a Unión Europea xa presupostou a partida correspondente para acometelas e lamentaron o atraso producido na súa execución polas guerras entre as distintas administracións.

Noticias web

18/09/2020