CRTVG

Buscar

As mariscadoras aproveitan as mareas baixas que deixou a superlúa

Publicado o 20/02/2019 16:57

Imaxes espectaculares as que deixou onte a superlúa de febreiro, pero os seus efectos aínda se notan hoxe, sobre todo na costa, onde se producen estes días as mareas máis vivas do ano. A auga sobe e baixa a niveis inusuais que afecta sobre todo o traballo dos mariscadores. Din que traballar en mareas vivas é moito mellor porque acceden a zonas onde habitualmente non chegan.

Foron moitos os que inmortalizaron estas espectaculares imaxes da lúa de neve onte, pero este fenómeno ten outras consecuencias que tamén nos deixa estampas inusuais. Son as mareas equinociais, as máis vivas do ano, que se deben á confluencia de dous factores.

Coa pleamar a auga sobe a niveis inusuais, e coa baixamar coma a desta mañá, as imaxes falan por si mesmas: case se pode chegar andando á illa de San Simón na ría de Vigo, onde a estatua de Nemo dá fe do que baixa a marea. Pero tamén na ria de Noia, onde os mariscadores case chegan a pé á outra beira. En Testal traballaban á mesma altura hoxe os de a flote e os de a pé. Prefiren estas mareas vivas, ainda que a época non é boa para traballar. Agárdase outro epidsodio de mareas vivas en marzo coincidindo coa Lua chea e o equinoccio da primavera.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019