CRTVG

Buscar

O marisqueo na volta ao traballo despois das axudas pola COVID-19

Publicado o 17/05/2020 16:05

Optimista amósase a patroa maior de Lourizán, considera que hai que volver gradualmente ao marisqueo para non perder mercado e evitar que entre produto foráneo.

Tamén están moderadamente satisfeitas coas axudas recibidas para paliar as perdas no sector.
Máis pesimista é a patroa maior de Baiona; aquí moitas axudas non chegaron, e caeron os prezos e as vendas.

Tamén coida que hai normas de seguridade e distancia que van ser difíciles de cumprir nalgunhas situacións. En Lourizán non desbotan volver a marisquear parcialmente entre o mércores e o xoves.

Noticias web

17/05/2020