CRTVG

Buscar

Mariscadoras de Vilanova e Rianxo, máis preto de transformar as algas en fertilizante

Publicado o 08/11/2019 14:16

Son un problema para as mariscadoras. As algas que se depositan masivamente nos aerais, especialmente nos meses máis cálidos e solleiros, ameazan, din, o marisco do que viven.

María Vales, patroa maior da confraría de Vilanova, explica que as algas asfixian o marisco, e din que necesitan sacalas da praia si ou si.

Cada mariscadora retira entre 4 e 6 toneladas de algas cada ano, segundo cálculos da confraría. A Universidade da Coruña leva todo o ano realizando análises.

Emilio Abella, biólogo da confraría de Vilanova, conta que segundo as conclusións provisionais do estudo da Universidade, o máis factible sería facer fertilizante.

O obxectivo, transformar este residuo vexetal nunha nova fonte de riqueza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019