CRTVG

Buscar

Mariscadoras de San Telmo, Raxó e Lourizán retoman o traballo ao remitir a toxina

Publicado o 24/05/2019 14:06

Despois de 2 semanas en terra, os mariscadores de a flote da ría de Pontevedra volveron traballar hoxe a primeira hora. As de a pé baixaron a 1 da tarde ás zonas 3, 4 e 5 coincidindo coa baixamar. A toxina remitiu e autorizáronlles a mariscar onte e hoxe e outros dous días a próxima semana. A capturas onte superaron os 4.000 quilos, aínda que o calibre é pequeno.

Os episodios de toxina xa obrigaron a pechar os bancos marisqueiros 2 veces desde finais de abril. Un fenómeno habitual nesta época co que deben convivir no sector.

No mellor dos casos, se non hai cambios, en maio terán traballados 7 dos 16 días que teñen como tope ao mes a causa dos sucesivos episodios de toxina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019