CRTVG

Buscar

Todas as Medallas Castelao de este ano serán para mulleres, entre elas as redeiras galegas

Publicado o 06/06/2019 19:38

Medalla Castelao para a doutora Marisa Crespo, de Cea, Ourense, e considerada unha das líderes mundiais en transplante cardíaco. Dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Premio tamén para Teresa Portela, a piragüista de Cangas que ten no seu palmarés 14 medallas en mundiais, dezaoito en competicións europeas e cinco diplomas tras participar en cinco xogos olímpicos.

Outra das galardoadas nesta edición é Jeanne Picard, fundadora de Stop Accidentes, que leva dúas décadas concienciando contra a violencia viaria dende que perdeu un fillo nun accidente de tráfico.
Medalla Castelao tamén para Benedicta Sánchez, do Corgo, actriz afeccionada, protagonista da película de Oliver Laxe premiada no último Festival de Cannes.

E recoñecemento para as mulleres do mar, concretamente para as redeiras, claves para a confección e mantemento de artes e aparellos de pesca.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019