CRTVG

Buscar

Os mariñeiros galegos que traballaron en Noruega reclaman a súa xubilación

Publicado o 07/12/2019 15:10

Concentrados, diante do consulado de Noruega na Coruña, os mariñeiros reclaman polo seu ao tempo que secundan unha protesta internacional contra o país nórdido. Manifestacións coma esta sucédense hoxe en once países. Distintos colectivos acusan a Norugea de "vulneración dos dereitos humanos".

"Empezouse a tirar da manta e resulta que de ser o país pioneiro na defensa de dereitos humanos parece que é o que máis os viola. Ten 35 demandas aceptadas a trámite no Tribunal de Dereitos Humanos, xa ten tres condenas ao lombo...", afirma Alberto Paz, voceiro da asociación de mariñeiros Long Hope.

Nese mesmo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos os mariñeiros galegos teñen postas as esperanzas da súa loita. Agardan que Estraburgo acepte a trámite a demanda presentada hai un mes contra Noruega para reclamar o pago da súa xubilación. "Si confiamos no Tribunal de Dereitos Humanos, no que nunca confíamos foi na xustiza de Noruega". "Ao longo de corenta anos son moitísimos cartos, porque nós sempre pagamos entre o 25 e o 35 por cento das nosas nóminas en IRPF, e poderían chegar a bastantes millóns de euros", di Alberto Paz.

Levan máis de dez anos reclamando que Noruega lles recoñeza unha pesión polos anos que traballaron embarcados en buques dese país. Dos preto de 12 mil mariñeiros españois afectados 8.000 son galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019