CRTVG

Buscar

Mariñeiros da frota de altura levan meses agardando a remuda

Publicado o 30/06/2020 18:13

A pandemia e o peche das fronteiras sorprendeu en alta mar varios centos de mariñeiros galegos. Algúns levan embarcados desde o pasado mes de novembro sen posibilidade de seren substituídos para poder volver á casa.

Son meses de confinamento para os mariñeiros atrapados nos barcos que pescan no Índico, no Pacífico ou no Atlántico. A maioría embarcaran en xaneiro ou febreiro, pero hainos que levan máis tempo.

Os intentos dunha primeira remuda desde portos africanos fracasaron. De momento, non hai previsión dun parón na actividade pesqueira.

Armadoras, Administración pesqueira e Ministerio de Asuntos Exteriores traballan para que as remudas das tripulacións se fagan o antes posible.

 

Noticias web

30/06/2020