CRTVG

Buscar

Marina Castaño, absolta de malversación de caudais na Fundación Cela

Publicado o 11/07/2019 18:18

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu este xoves á viuva do Nobel de Literatura Camilo José Cela, Marina Castaño, dun delito de malversación de caudais públicos pola súa xestión á fronte da fundaicón que leva o nome do autor e se encarga do seu legado.

Tras a celebración do xuízo en Santiago de Compostela, fontes xurídicas, e o propio equipo de comunicación da xornalista nun comunicado, informaron que saíu absolsta dun caso polo que o Ministerio Fiscal pedía catro anos e medio de prisión e oito de inhabilitación para ela, así como para os outros tres acusados.

Entre eles estaban o ex-conselleiro de Facenda e membro do patronato da Fundación, Dositeo Rodríguez; así como a súa filla Covadonga Rodríguez, subdirectora da institución; e o anterior xerente da mesma, Tomás Cavanna; que finalmente, como Marina Castaño, resultaron absoltos dos cargos.

Na cusa xulgáronse os feitos relativos ao despedimento de Cavanna como director da fundación Camilo José Cela, posto que a Fiscalía entendía que podía terse pactado unha simulación do mesmo para malversar caudais públicos abonando unha cantidade esaxerada para ese trámite.

Non obstante, a Sala entende, na sentencia datada o 28 de xuño e que esta tarde divulgaron fontes próximas a Castaño, que "nunca puido haber intención" por parte da viuva do Nobel "de malversar fondo público algún", posto que o diñeiro co que se pagou a indemnización de Tomas Cavanna xa fora integrado no patrimonio da fundación e era considerado como privado.

Do mesmo modo, descarata calquera posible prexuízo patrimonial sobre a Administración central do Estado, que por este motivo tivo que abandonar a acusación particular que exercía ao comezo da vista oral do caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí