Marina Abramovic, precursora da "performance", Premio Princesa de Asturias das Artes
Publicado o 12/05/2021 21:58

O Premio Princesa de Asturias das Artes 2021 é para a artista serbia Marina Abramovic, unha das grandes precursoras da ‘performance’ . Abramovic, de 74 anos, conseguiu que as súas obras trascendesen os círculos especializados para integrarse na cultura popular. Inesquecible a obra de 2010 no MOMA de Nova York, sentada inmóbil nunha cadeira un total de 700 horas só mirando aos ollos dos visitantes.