CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Marín regresa a 1800 coa Festa Corsaria

Publicado o 17/08/2018 21:36



Marín está xa entregada á celebración da súa Festa Corsaria, que conmemora a histórica batalla de Aguete, en agosto de 1800.

Unha batalla en que se enfrentaron barcos de Marín contra os ingleses que pretendían apreixar unha fragata española cargada de prata destinada ao Reino de Pontevedra. A batalla recrearase mañá con todo detalle, incluíndo fogo e artillería. Ese será un dos momentos máis agardados desta festa, pero as actividades comezaron xa hoxe co mercado medieval, obradoiros de oficios artesanais, actividades de animación infantil e un concerto conxunto de Acibreira e Pelepau. Unha axenda que continúa ao longo de todo o día de mañá.

Telexornal Serán

17/08/2018