CRTVG

Buscar

Marín promociona a pescada mauritana, o xurelo e o lirio

Publicado o 24/07/2020 14:31

Produtores de pesca de Marín iniciaron hoxe en Santiago unha campaña para fomentar o consumo en Galicia da pescada negra, xurelo e lirio. Os cociñeiros Yayo Daporta e Alfonso Díaz achegan receitas propias para axudar a promocionar esas especies.

A Organización de Produtores de Pesca de Marin, Opromoar, repartiu no mercado de abastos de Santiago 400 bolsas con peixe e os ingredientes necesarios para preparalo segundo as receitas, incluídas no agasallo, de Yayo Daporta ou Alfonso Díaz. Os dous cociñeiros colaboran na campaña de promoción de tres especies que captura a frota pontevedresa, pescada negra, procedente de Marrocos e Mauritaria, xurelo e lirio

"Son especies de pouco valor económico e con este tipo de accións queremos prmocionalas e conseguir mellorar os niveis de venda e de prezos das caputras, o que vai redundar en toda a estrutura socioeconómica que soportamos", explicaJuan Carlos Martín, director xerente da Organización de Produtores de Pesca de Marín

"É un regalo bastante apetecible. Ímolo desfrutar con moita saúde".

"Vén a miña filla pola tarde, e xa lle digo a ela e preparámolos", celebran os agasallados.

As receitas para esta promoción están inspiradas en pratos tradicionais do litoral español, como poden ser croquetas, mariñados ou fritura andaluza.

"As receitas que elaboramos para este evento están pensadas para que todo o mundo as poida elaborar nas súas casas", afirma o cociñeiro con estrela Michelin Yayo Daporta

A campaña, que inclúe demostración gastronómica, continuará o día 30 en Pontevedra.

Noticias web

24/07/2020