CRTVG

Buscar

Marín e Meaño asumirán restricións de tipo medio-alto

Publicado o 14/04/2021 14:11

Marín e Meaño súmanse o venres á listaxe de concellos con restricións de tipo medio-alto, que segue medrando na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Antes, días atrás, Meis, Ribadumia ou Vilaboa xa foran engrosando as súas cifras da covid, días despois das repuntas que comezaron por Sanxenxo e O Grove.

Marín sumou 23 casos nos últimos 7 días e hai quen pensa que non hai cumprimento nin vixilancia suficiente. Aínda que moitos consideran que a maioría respectan as normas. En total, a área sanitaria de Pontevedra ten hoxe 366 casos activos.

Noticias web

14/04/2021