CRTVG

Buscar

Rajoy rexeita a mediación e insta a Puigdemont a "evitar males maiores"

Publicado o 05/10/2017 13:49

Mariano Rajoy rexeita calquera mediación se é para negociar a ruptura da unidade de España. O presidente do Goberno responde así ás ofertas lanzadas nas últimas horas, entre elas a do propio presidente da Generalitat. Rajoy di que a única solución á crise catalá é que Puigdemont evite a declaración unilateral de independencia.

Mariano Rajoy sacode a presión para actuar na crise catalá, seguindo o guión de cando España estaba á beira do rescate. Para el, a solución está clara.

Só despois desa marcha atrás, o presidente aceptaría propostas de mediación como a lanzada por Pablo Iglesias, pero non para falar de rupturas.

Rajoy acusa a Puigdemont de danar a imaxe dos Mossos e eloxia a actuación policial do domingo. O presidente desliga a aprobación dos orzamentos da situación en Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017