CRTVG

Buscar

Mariano Rajoy di que os Presupostos "son os máis sociais" da historia da democracia

Publicado o 14/04/2018 14:45

Mariano Rajoy sinalou hoxe que os Presupostos do Estado de 2018 son "os máis sociais" da historia da democracia. O líder do PP asegurou, ademais, que o novo modelo de financiamento autonómico "terá en conta a variable demográfica" para evitar a marxinación dos pequenos núcleos rurais.

Foi en Zamora, nunha convención do PP sobre o mundo rural e o reto demográfico, onde Mariano Rajoy reivindicou que os Orzamentos estatais para este ano teñen un contido "eminentemente social".

Explicou Rajoy que o reto demográfico será unha cuestión central no novo sistema de financiamento autonómico e que España tamén levará ese debate á Unión Europea cando se discuta sobre fondos de cohesión e política agraria común. Lembrou o líder do PP que España vai polo cuarto ano de crecemento económico tras sufrir cinco de "crise profunda" e reivindicou o feito polo seu goberno.

Noticias web

14/04/2018