CRTVG

Buscar

Mariano Rajoy anuncia un investimento de 500 millóns para renovar a frota de AVE

Publicado o 21/04/2017 13:57

Fai hoxe 25 anos inaugurábase a primeira liña de alta velocidade entre Madrid e Sevilla. O presidente do Goberno destacou a importancia desta infraestrutura para a modernizacion de España

O AVE está de aniversario. Fai hoxe 25 anos inaugurábase a primeira liña de alta velocidade entre Madrid e Sevilla. No acto de conmemoración, o presidente do Goberno destacou a importancia desta infraestrutura para a modernizacion de España. Mariano Rajoy anunciou un investimento de 500 millóns de euros para renovar a frota de trens de alta velocidade.

21 de abril de 1992. Coincidindo coa apertura da Expo de Sevilla, facíase o primeiro traxecto comercial da liña do AVE en España, toda unha novidade para os pasaxeiros da época.

Esa viaxe de celebracion da chegada do AVE repetiuse hoxe, 25 anos despois. Desde entón as liñas de alta velocidade pasaron de 471 km a máis de 3.200 km, converténdose na segunda rede máis extensa do mundo.

O presidente do Goberno destacou o compromiso das sucesivas administracións no impulso da alta velocidade, un proxecto que, segundo dixo, marcou un antes e un despois na sociedade española.

Rajoy anunciou un investimento de 500 millóns de euros para adquirir 15 novos trens de alta velocidade. Sobre as obras en marcha, o presidente do Goberno reiterou o prazo previsto para a chegada do AVE a Galicia no ano 2019.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017