CRTVG

Buscar

Mariano Gómez-Ulla: "A sociedade civil ten que ter máis peso na economía do país"

Publicado o 08/10/2018 10:39

No tempo da entrevista, falamos de economía e da visión que se ten de Galicia dende a parte financeira e empresarial con Mariano Gómez-Ulla, presidente do Club Financeiro Atlántico da Coruña. 

Sinerxías con outros territorios de España e Portugal

"Eu creo que esta xuntanza ou calquera outra para fomentar o desenvolvemento económico desta terra é estupendo. Trátase de que todos os territorios funcionen da mesma maneira e teñan as mesmas axudas". 

"Entendemos que Portugal e Galicia son dous territorios que están chamados a entenderse. Nós estamos moi próximos e dende o Club Financeiro facemos o posible para estreitar os nosos lazos". 

"Traballamos con dous obxectivos claros: un no sector da enerxía, para intentar que diminúa o seu custo; e, por outra banda, o impulso do corredor atlántico, que tamén é fundamental para que poidamos exportar máis rápido o noso produto a Europa". 

"Con Portugal a liña ferroviaria directa entre A Coruña e Lisboa é fundamental para mover pasaxeiros e mercadorías". 

O papel dos clubs financeiros no desenvolvemento económico

"A sociedade civil ten que ter cada vez máis peso no desenvolvemento económico do país. Non pretendemos competir con outras institucións e temos claras as nosas posicións. A nosa postura é a de sumar". 

Sobre a Mobile Week Coruña

"Nace como consecuencia do Mobile World Congress de Barcelona. O patronato decidiu que había que facer algo para todos os cidadáns, non só para os empresarios. Este evento é para achegarlles os avances da tecnoloxía móbil aos cidadáns". "É a primeira vez que este evento sae de Cataluña". 

"Celébrase do 21 ao 28 de novembro. Haberá conferencias, talleres, exposicións, etc., enfocado a todos os públicos". "Isto será unha primeira edición, pero todos os anos haberá unha edición na Coruña". 

"Trátase de colaborar para que non se amplíe aínda máis a fenda dixital". "Temos que sumar, facer país, e por iso haberá eventos na área metropolitana da Coruña e mesmo en Santiago". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2018