CRTVG

Buscar

Mariano Cejas, coordinador de Ciudadanos nas Canarias, abandona o partido

Publicado o 05/08/2019 20:06

Continúa o goteo de desercións en Ciudadanos. O último, o voceiro e coordinador da formación laranxa nas Canarias. Mariano Cejas abandona Ciudadanos desconforme coa dirección e polo que considera xiro á dereita do partido. Segundo Cejas, estanse convertendo na marca blanca do Partido Popular.

O xa ex-coordinador di que non se poden presentar como rexeneradores e seguir pactando con Coalición Canaria. Critica tamén a expulsión de compañeiros por pactar cos socialistas en varios concellos.


 

Noticias web

05/08/2019