CRTVG

Buscar

María Victoria Moreno: escritora, profesora e muller das letras

Publicado o 13/05/2018 15:26

Nesta semana das Letras Galegas, revisamos a figura da autora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno. Unha escritora recoñecida pola súa traxectoria nas nosas letras e pola súa utilidade social, que se mantén a día de hoxe nas bibliotecas de moitas escolas galegas.

É só un fragmento dunha obra que circulou e circula nas mochilas escolares e que marca a escrita dunha autora que a Academia recoñece por catro factores: o primeiro, a súa condición de profesora, para reivindicar o papel dos profesores. Daqueles que asesoran sobre lecturas, coma ela mesma, que percibiu as inquietudes dos escolares por textos máis modernos.

A segunda é a súa condición de autora e editora, que é consciente de que ese sistema necesita alimentarse de produción de novos textos, novas obras.

Era de fóra, pero iso non foi impedimento para incorporarse á causa e á defensa da lingua e a cultura galegas. María Victoria nace fóra de Galicia, vén con 23 ou 24 anos e incorpórase á lingua e comprométese coa lingua deste país.

E o cuarto factor que valorou a Academia foi a súa condición de muller. Non é unha cuestión menor, e menos nestes tempos. Non é que só haxa catro mulleres ás que se lles dedicou o día das letras. A muller é fundamental na modernidade da Galicia contemporánea. Unha Galicia que ela construíu atendendo ás xeracións máis novas: ás que hoxe coñecen máis a súa lingua, pero que a falan menos ca nunca.

 

Noticias web

13/05/2018