CRTVG

Buscar

A Revista

María Solar, xornalista e escritora

Publicado o 26/02/2015 13:13

Presentou en Santiago o seu libro 'O meu pesadelo favorito', premio Lazarillo 2014. Mañá farao no Salón do Libro Infantil de Pontevedra

Un marciano verde como debe ser, xelatinoso, cun só ollo e escafandro... zombis devoradores de carne... cans verdes... un home que colecciona olores familiares e unha señora que garda os bicos para cando os queiramos soñar de novo. Todo iso na mesma historia. Tan ben contada que non podes deixar de ler e con tanto cariño que cando rematas sentes que quizais o les demasiado rápido.

'O meu pesadelo favorito', premio Lazarillo 2014, un libro de María Solar, a nosa presentadora da fin de semana.

María, benvida, grazas por virnos ver neste día que seguro que é moi importante para ti.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

26/02/2015