CRTVG

Buscar

María Solar presenta 'As horas roubadas'

Publicado o 01/06/2016 10:53

A escritoria visitou o seu estudio para falar da súa nova novela

A morte dun ancián que na súa man sostén unha nota coa mensaxe "Dime que me queres". Este é o punto de partida para sacar á luz unha paixonal e apaixonante historia de amor que prevaleceu ao paso do tempo.

Unha historia de amor pasada que remove as vidas e os sentimentos de varias xeracións de dúas familias ben distintas.

E todo nunha época que se converte nun protagonista máis da historia; a transición española, finais dos anos setenta. Estes son os vimbios en que se asenta 'As horas roubadas', a nova novela de María Solar, que hoxe está aquí con nós.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2016