CRTVG

Buscar

María Solar, premiada pola Insua dos Poetas

Publicado o 20/07/2019 15:08

Este ano a Festa da Palabra que se celebra cada verán na chamada Insua dos poetas, está dedicada ao poeta ourensán Antón Tovar. Ademais de ensalzar a figura do escritor que cumpriría 98 anos, a Fundación Insua dos Poetas entregou os premios deste ano. Na categroría de creación literaria a premiada foi a compañeira desta casa, María Solar, xornalista e escritora polo seu traballo no mundo da comunicación, sobre todo, nos programas da Televión de Galicia, o Ziz-Zag e a Revista Fin de Semana. Maria Victoria Carballo-Calero, o centro Galicia de Bos Aires e a Asciación de Veciños de Madarnás, no Carballiño, foron algúns dos premiados polo seu labor de difusión da cultura galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019