CRTVG

Buscar

Maria Senserrich recibirá hoxe a acta de deputada en substitución de Torra

Publicado o 27/01/2020 13:13

• O secretario xeral do Parlament ordena retirar o escano a Torra

Maria Senserrich recibirá hoxe a acta de deputada en substitución de Torra

A Xunta Electoral acordou expedir a credencial de deputada a Maria Senserrich en substitución de Quim Torra, despois de que o secretario xeral do Parlament ordenase aos servizos da cámara que retirasen a condición de deputado ao presidente catalán.

Nun escrito, a Xunta Electoral Provincial anuncia que ao longo deste luns fará a "oportuna entrega" da credencial a nome da deputada Maria Senserrich, da lista de JxCAT, que desa forma ocupará o escano no Parlament do que foi desposuído Quim Torra tras a súa condena por desobediencia por non retirar a tempo os lazos amarelos de edificios públicos en período electoral. Polo momento, mantense o pleno previsto para as tres da tarde.