CRTVG

Buscar

María Pita acolleu a primeira reunión Ferreiro-Caballero

Publicado o 21/12/2016 21:00

Xulio Ferreiro e Abel Caballero coincidiron con motivo da entrega ao Concello dos cadros dos últimos dous alcaldes socialistas da cidade: Francisco Vázquez e Javier Losada

O cadro do retrato de Javier Losada, en que figura de traxe e con alusións ao artigo 14 da Constitución, foi a última incorporación deste mércores na galería de rexedores coruñeses do Pazo Municipal. Losada estivo arroupado polos seus colaboradores, compañeiros de partido, amigos e familiares. 

Acto no que tamén estivo o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen acudira á Coruña xa pola mañá para estar no descubrimento doutro lenzo, o do seu amigo Francisco Vázquez. Quen tamén fora alcalde socialista da cidade retratouse co traxe de gala de embaixador, condecoracións e o bastón de alcalde. Congregou a diversas personalidades, entre elas Alfonso Guerra, González Laxe, López Orozco ou Arsenio Iglesias.

No pazo de María Pita, o socialista Abel Caballero e o alcalde da Marea, Xulio Ferreiro, decidiron apartar as súas diferenzas. Foi o seu primeiro encontro oficial en que falaron das áreas metropolitanas da Coruña e Vigo.

Semella que esta imaxe volverá repetirse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/12/2016