CRTVG

Buscar

A Revista

María Meijide presenta o seu artístico caderno trans-americano e nos aconsella cómo facer un caderno da nosa próxima viaxe

Publicado o 29/03/2018 13:27

A artista galega María Meijide é recoñecida polos seus cadros de grande formato, o seu popular Mapa Emocional de Compostela e, sobre todo, polos seus cadernos de vaixe. Ensinounos o último que acaba de editar... E aproveitamos para que nos dera algúns consellos para sermos quen de facer o noso propio. Asi que... viaxeiros que nos estean vendo. Atentos!.









Tras o éxito do seu caderno de viaxe por Asia, María Meijide volve editar neste formato unha serie de acuarelas e apuntamentos. Nesta ocasión, faino cunha coidada autoedicón que leva o seu particular selo. Unha viaxe colorida e emocional, chea de anécdotas persoais.
Para este caderno transamericano precisou, cruzar o Atlántico en 3 ocasións e 9 anos de repouso, ata conseguir o resultado final.



















Amais de encargarse da presentación e distribución deste caderno de viaxe María Meijide prepara xa a súa seguinte exposición.
Son cadros que reflicten o seu amor polo pequeno, polo sinxelo e cotián. Imaxes que engrandecen obxectos e emocións vividos no fogar.

A Revista

29/03/2018