CRTVG

Buscar

A ministra María Jesús Montero di que o ciclo triunfal do PSOE continuará o 26-M

Publicado o 04/05/2019 15:11

Desde o PSOE, María Jesús Montero sinalou hoxe que "o novo ciclo do PSOE non fixo máis ca empezar" e que aspira a confirmarse co triunfo nos comicios do día 26.

A ministra de Facenda en funcións participaba este mediodía na Festa da Rosa da localidade barcelonesa de Montmeló e alí asegurou que nas urnas triunfou "a política do diálogo e da solidariedade" fronte á crispación. Dixo Montero que o PP cambiou de súpeto e que xa lle chama "ultradereita" a Vox.

Ademais, cargou especialmente contra a "nova política", citando explicitamente a Ciudadanos, Vox e Unidas Podemos, que, segundo indicou, queren darlle leccións ao PSOE de Constitución e democracia: "Non nos teñen que dar ningún tipo de clases. Eles non estiveron no deseño da Constitución, non estiveron hai 140 anos, non estiveron durante a ditadura, non estiveron nas gabias con nosos compañeiros. Eles nunca souberon que significa representar os valores da esquerda, porque nin estaban nin ninguén os agardaba".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/05/2019