CRTVG

Buscar

María Gámez, a primeira muller á fronte da Garda Civil

Publicado o 17/01/2020 18:52

O Consello de Ministros aprobou hoxe a renovación da cúpula da Garda Civil.
María Gámez é a súa nova directora. É a primeira vez que unha muller se pon á fronte da Garda Civil nos seus 175 anos de historia. Ata agora exercía de subdelegada do Goberno en Málaga e tivo un papel destacado no operativo de rescate do pequeno Julen. María Gámez di que asume o seu novo posto con ilusión e responsabilidade.

"É unha tremenda honra representar a unha institución que ten tanto prestixio, e que é unha das máis valoradas pola cidadanía. Iso cárgame de responsabilidade", asegura.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020