María Chivite negocia dende hoxe os presupostos de Navarra con Bildu
Publicado o 27/11/2019 14:55
A presidenta de Navarra, a socialista María Chivite, negocia dende hoxe os presupostos da comunidade con Bildu e con Navarra Suma.
Esta tarde manterá reunións coas dúas formacións para sondar as posibilidades de acordo. Navarra Suma conta con 20 escanos e Bildu ten sete deputados, que coa súa abstención facilitaron a investidura de Chivite.
Os seus socios de goberno, Geroa Bai e Podemos, son partidarios de pactar as contas coa esquerda abertzale.