CRTVG

Buscar

María Casal, enxeñeira: "As mulleres temos que estar demostrando constantemente que valemos"

Publicado o 08/03/2018 10:30

Hoxe, no Día Internacional da Muller, entrevistamos á enxeñeira María Casal para que nos fale das súas experiancias no sector da construción, un sector acotío dirixido por homes.

"Temos que demostrar moito máis cada día para obtermos os mesmos resultados que os homes".

"Aínda hoxe me miran como dicindo: 'A min esta que me vai aprender que eu non saiba?'".

"Na miña primeira experiencia nunha obra os obreiros non facían caso de nada. Tívenme que arremangar e coller os seus materiais para que dixesen: 'É coma nós'".

"É duro que no teu traballo, sen te coñeceren, pensen: 'Esta non ten nin idea'. Só por ser unha muller".

"Busquei a maneira de facer equipo, vencer esa discriminación e saír adiante".

"A mentalidade mudou un pouquiño, sobre todo nos operarios máis novos, pero moi devagar".

"Temos que aturar piropos, miradas e comentarios cando estamos traballando, de homes que nin coñeces".

"Temos que estar demostrando constantemente que valemos. É como pasar pequenas probas a diario. É inxusto".

"Para loitar contra a discriminación é fundamental a educación".

"A fenda salarial é algo que está aí. Tiven compañeiros que cobraban tres veces máis no mesmo posto de traballo".

"O peor do machismo é a violencia, claro. Pero tamén é grave a desigualdade. Que ao home se lle recoñeza e á muller non".

"Para vencer a discriminación fai falta resistencia, determinación e loita".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018