CRTVG

Buscar

María Arceo denuncia a contaminación dos océanos coa instalación 'Plástico a mareas'

Publicado o 20/07/2019 12:00

Os residuos plásticos recollidos no mar e nos ríos son a materia prima das instalacións de María Arceo. Coas súas creacións pretende que tomemos conciencia de como estamos alterando as contornas acuáticas do planeta e como iso repercute no medio e na nosa propia saúde.

'Plástico a mareas' é a montaxe que realizou na Cidade da Cultura de Santiago. A instalación pódese visitar ata o 18 de agosto.

A artista compostelá estudou en Londres e alí reside desde entón. Na capital británica realizou tamén un traballo con residuos recollidos no Támesis para evidenciar a gran cantidade de lixo que se acumula nos seus fondos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019