Margarita Robles recibe en Zaragoza corenta militares implicados na evacuación desde Cabul
Publicado o 28/08/2021 21:12
A ministra de Defensa, Margarita Robles, recibiu corenta militares que participaron no operativo de evacuación desde Cabul. Sucedía esta tarde na base aérea de Zaragoza, a onde chegaron procedentes de Torrexón nunha das aeronaves do Exército implicadas nesta misión.
Son efectivos do Escadrón de Despregamento Aéreo con sede nesta base. Tres dos avións A400M de Defensa, que fixeron varias viaxes desde a capital afgá con refuxiados, retornaron este sábado a Zaragoza. Margarita Robles departiu tamén con familiares destes militares, que colaboraron na operación rescate de 1.671 cidadáns de Afganistán.