Margarida Mariño: "A miña proposta parece minimalista, pero o violoncello está cheo de posiblidades e rexistros"
Publicado o 25/02/2021 17:14
M. Mariño emprega pedais de efectos, voz e loops cos que crea texturas únicas e complexas orquestracións. O seu último disco é 'Cello & Electronics'. O seu repertorio orixinal para violoncello e voz inspírase en temas como a ecoloxía ou a inmigración. A música viguesa debulla tamén novos camiños en 'Alcume', o seu novo videoclip que foi gravado no Museo Interactivo da Historia de Lugo.