CRTVG

Buscar

Marfrío gaña por oitava vez un premio internacional de calidade

Publicado o 03/08/2020 15:29

Os duros meses da pandemia serviron a moitas empresas como fonte de inspiración para reinventarse e apostar de cheo pola calidade. Este foi un dos factores que lle valeu á empresa Marfrío, con sede en Marín, para gañar tres premios entregados polo International Taste and Quality Institute de Bruxelas.

Por oitavo ano consecutivo, os produtos deste empresa de conxelados e precociñados do mar reciben este premio de calidade, tras unha cata ás cegas realizada por profesionais da hostalaría na capital belga.

Os tres artigos premiados foron a raba empanada, os solombos de atún e a lura patogónica, esta última o seu produto estrela capturado nas Malvinas.

Premio que lle servirá para marcar unha estratexia clara e de mercadotecnia cara á unha recuperación, tras a pandemia, que chega aos poucos pero que pasa pola diferenciación.

Esta fábrica de Marín ten unha capacidade de produción dunhas 900 toneladas ao mes. Os seus principais clientes están no mercado europeo, sobre o italiano. Un dos seus obxectivos é diferenciarse dos seus competidores asiáticos.

Xa están a notar a volta da hostalaría tras a pandemia. Agora tentarán posicionarse e pouco a pouco ir introducindo os seus produtos en novos mercados.

Noticias web

03/08/2020