CRTVG

Buscar

Mareas municipalistas piden a unión das forzas de esquerda

Publicado o 18/02/2020 15:02

Máis de 30 mareas municipalistas asinaron un manifesto para pedir a unión das forzas da esquerda e evitar que Feijóo volva gobernar. 

Cualifican de "espectáculo" as negociacións da esquerda e critican que Anova, de Martiño Noriega, e a Marea Atántica, de Xulio Ferreiro, asuman o peso das conversas sen contar con eles.

Marea Pontevedra, Lugonovo, Ourense Mellor, Marea de Ferrol e Manifesto Miñor Nigrán son algunhas das mareas municipais asinantes. Piden a unión da esquerda, pero non teñen claro se sumarse ou non a Podemos e Esquerda Unida.

No que si coinciden todos é en que o obxectivo é que o PP non consiga a maioría absoluta.

Critican que Anova, de Martiño Noriega, e a Marea Atlántica, de Xulio Ferreiro, os ignoren nas conversas que manteñen con outras formacións e cualifican de "espectáculo" o proceso negociador da esquerda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020