CRTVG

Buscar

"A marea vermella non é normal nestas datas, adiantouse un ou dous meses", Covadonga Salgado, directora do Intecmar

Publicado o 18/02/2020 10:24

A primeira marea ver mella do ano está a golpear con forza os polígonos bateeiros. Agora mesmo afecta as rías de Muros e Noia, a de Arousa, a de Pontevedra e as de Vigo e Baiona.

Covandonga Salagado, directora do Intecmar, explica que nestes intres "hai 26 polígonos pechados", despois de que onte á tarde se pecharan tres máis. Son practicamente a metade das áreas de bateas de Galicia.

"É un episidio que está sendo controlado. Non é normal nestas datas. Adiantouse un ou dous meses respecto ao que estamos afeitos", explican desde o Intecmar.

"De momento, o que estamos vendo é que o episodio está en aumento. Está pouco a pouco estendéndose", di Covadonga Salgado. 

Os responsables do Intecmar queren enviar unha mensaxe de tranquilidade aos consumidores, xa que todo o produto que chega aos mercados conta con garantías e, ademais, "tampouco están afectados os infaunais (ameixa, berberecho, navalla ou longueirón) e as ostras cultivadas".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020